Velocidade Online

Mundial - Autocross/Ralicross

MUNDIAL - AUTOCROSS EM ESPANHA

Quarta, 04 Abril 2018 17:25 | Actualizado em Quinta, 18 Abril 2024 16:45

Darío Calviño, segundo no Autocross de Mendavia

 

O equipo Yacar Racing aproveitou a pasada Semana Santa para rodar no circuíto de Lleida, concretamente o venres, onde se disputará este fin de semana a segunda cita do Nacional de Autocross e, ao seu regreso, participaron o sábado no Autocros de Mendavia, primeira proba do Open Navarro da modalidade. Darío Calviño finalizaba segundo na final da carreira navarra co Yacarcross mentres o vasco Aitor Sorozábal tamén concluía a mesma. Non puido facelo Javier Ramilo, que rompía o motor na manga de cualificación e quedaba sen poder rodar durante toda a xornada.

A próxima proba será este fin de semana no circuíto de Lleida, na que teremos a Perfecto Calviño defendendo a súa primeira praza provisional na División 1, na que sairá de novo co Peugeot 208 Proto e na que tamén estarán inscritos outros dous coches construídos pola empresa Yacarcross, o Citroën DS3 Proto de Tomás Aranda e o Peugeot 205 Proto de Javier Herrero. Con todo, o groso da participación centrarase na categoría Car Cross onde participarán nove Yacarcross con Javier Ramilo, Aitor Sorozábal, Óscar Palomo, José Landeira, Dani Vázquez, Manuel Da Cunha, Darío Calviño e Diego Martín Concheiro.


Facebook
Facebook
Visitas
Visitantes em linha
contador gratuito de visitas Total de visitas
Contacte-nos